Entre a crise actual, que xa dura 3 anos e o
famoso Crak do 29, existen moitas similitudes as cales poden servir para
analizar cal é o camiño adecuado para que os países resuciten economicamente.
Entre as semellanzas máis destacadas, están as seguintes:
A do 29 durou 10 anos, a crise actual ten 3
anos e non parece que se vaia a solucionar proximamente.
Ambas crise comezaron en estados unidos e fóronse
estendo por todo o mundo, afectando especialmente a Europa. No 29 , en EEUU, a
construción caeu estrepitosamente, ao igual que lle ocorreu a burbulla inmobiliaria
a partir do 2008 en España.
Ademais o paro foi moi alto en ambas crises,
con máis de 12 millóns de parados no 29 en EEUU, na actualidade, cunha España con mais de 4
millóns de parados.
Algúns teóricos falan de que no 29 a principal causa da crise foi a sobreprodución,
algo semellante ao que ocorreu na crise actual en España coa excesiva oferta de
vivendas.
Tanto no 29, como na actualidade, varios
bancos quebraron. Na crise actual foron bancos tan poderosos como Lemhan
brothers.
Por outro lado, a especulación bursátil era
moi común nos momentos previos as crises, basicamente porque estábase en ambos
casos, nunha esfera de optimismo que non deixaba ver o que realmente ocorrería
nas seguintes datas. Ademais de que este optimismo propiciase a esaxerada
especulación bursátil, tamén axudou a que ambos momentos o consumo fose moi
alto.
En canto as empresas, moitas non souberon
medir ben os riscos dos seus negocios e acabaron pechando, tales como Fadesa ou
importantes empresas mineiras nos anos 20.
Se falamos dos gobernos, en ambos casos, os
gobernos non esperaban chegar as situacións de recesión aos que se chegou.
A pesar de todas estas similitudes, actualmente
tense como precedente o Crak, o cal facilita moito máis as cousas, ao igual que
a crise dos anos 70. Ademais, a crise actual ten unha carácter moito máis financeiro,
mentres que a do 29 é unha crise estrutural. En canto aos gobernos, Roosvelt no
29 aumentou o gasto social do estado co fin de crear a demanda suficiente de
produtos e servizos e así conseguir que a oferta non fose excesiva. Na
actualidade, EUU esta seguindo unha
política expansiva de carácter keinesiano, mentres que os países da unión
europea están a levar a cabo políticas liberais de carácter restritivo.
¿Ti que opinas?

