domingo, 24 de julio de 2011

Diferenzas entre as migracións actuais e as do pasado

Na década dos 50 do século XX moitos dos habitantes do rural galego emigraron cara outros países na procura de fortuna e traballo. Moitos deles fixérono cara América. Alí pensaban conseguir cartos e riqueza para poder volver a Galicia coas súas familias.Isto non sempre se conseguía, e o emigrante regresaba  cara Galicia coa súa familia, sen a fortuna que lles prometera.
Hoxe en día, Galicia converteuse nun país receptor de inmigrantes, na súa maioría cidadáns do norte de África, Sudamérica ou Leste de Europa que ven no cambio de país unha oportunidade para mellorar as súas condicións de vida e as da súa familia. Isto é o mesmo que tentaron os galegos no seu día. Como ocorría cos galegos, os inmigrantes non sempre poden conseguir traballo e cumprir todos os seus obxectivos e tamén deciden volver cara os seus países de orixe ou viven en Galicia nunhas condicións penosas. En ámbolos dous casos, os emigrantes e inmigrantes ocupasen de tarefas duras  nas cales a poboación autóctona prefire non traballar. A diferenza dos países que nos recibiron , os galegos non son sempre tolerantes cos inmigrantes e danse habitualmente incidentes racistas por ignorancia ou simple desconfianza cara o descoñecido e é moi pouco habitual que un inmigrante quede a vivir toda a súa vida en Galicia non como ocorría cos emigrantes galegos que unha boa porcentaxe deles xa non regresaba a Galicia.
Como vemos ámbolos fenómenos teñen como obxectivo mellorar as condicións de vida da persoa que cambia de país e a súa familia e tamén en ambos casos non sempre se consigue.

http://www.boosterblog.es 

No hay comentarios:

Publicar un comentario