Outra medida sen exito do goberno... e cantas van?
A medidada do goberno de reducir o límite de velocidade a 110 km/h foi moi controvertida dende os seus inicios. O goberno deféndese dicindo que suporá un gran aforro de combustible, moi necesario sobre todo nestes tempos de axitación internacional. Ademais disto tamén din que supón unha mellora de seguridade xa que ao reducir a velocidade máxima, os accidentes deberían ser menos graves. Máis esta medida é totalmente hipócrita e feita cun afán recadatorio moi claro. O aforro de combustible que supón esta medida non é máis do que gastan os cazas F18 en Libia ou o que se aforraría limitando as viaxes burocráticas dos nosos políticos. Por outra parte,existen outros campos nos que o estado podería aforrar como limitando os soldos dos altos cargos públicos ou esixindo aos clubes de fútbol españois que paguen as súas débedas con facenda( que son moitos millóns de euros) e non sempre recaendo nos cidadáns a responsabilidade de limitar o seu gasto ou neste caso velocidade. Outro punto a ter en conta é que esta medida non é so o aforro de combustible senón tamén o aumento de posibilidades de que multen os cidadáns, xa que, na súa maioría están acostumados a circular a maior velocidade. Esta medida foi tomada cando España decide entrar na guerra de Libia, algo que resulta unha contradición porque se o estado necesita aforrar e reducir gastos, o último no que debería pensar é a intervención bélica en Libia e o que debería tentar facer é axudar a poboación Libia con material humanitario, algo que de seguro sería máis barato que a entrada nunha guerra. Tamén é moi difícil entender que un estado con 5 millóns de parados, un dos fracasos escolares máis altos de europea, entre outros miles de problemas se preocupe por reducir 10km/h o límite de velocidade, unha medida que nin nos sacará da fonda crise económica e social nin beneficiará os cidadáns en absolutamente nada. O estado debe tomar medidas moito máis profundas como sería unha reforma laboral axudando as PEMES a xerar emprego ou unha reforma educativa que evitase o alto fracaso escolar.Por outra parte tampouco debemos pensar que esta medida este tomada con mala intención, senón que simplemente non axudará en case nada hoxe nin maña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario