jueves, 21 de julio de 2011

A festa nacional

      
  Como ocorría en Roma no século  2 A.C  séguense a celebrar espectáculos nos que o divertimento principal é ver o maltrato dun ser humano a outro ser vivo. Isto son as corridas de touros, unha “arte” que certos políticos, xente da tauromaquia e parte da poboación española di que é unha tradición que debemos conservar e financiar cos nosos impostos. Recentemente o toureo declarouse  en varios municipios como patrimonio cultural inmaterial alegando que é unha expresión cultural que nos identifica como colectivo. Isto mesmo ocorreu no mes de Abril deste ano en Francia. En canto ao que temos mais de  preto, o museo taurino da Coruña, foi restaurado en marzo tamén deste ano.Todo isto semella un intento das autoridades de conservar un acto que consiste no asasinato público  dun animal. Na miña opinión, isto debe ser un mal recordo do pasado e non algo de actualidade. As autoridades deben actuar, xa que aparte de ir contra os dereitos dos animais como é visible, a maioría da sociedade española é contraria as touradas e non desexa que España sexa  coñecido internacionalmente por estas celebracións.  
As touradas están defendidas por grupos económicos concretos (gandeiros, terratenentes, propietarios de prazas de touros) os cales as defenden porque a súa desaparición significaría un desastre económico para eles. Tamén hai que dicir que existen persoas as cales lles gusta este tipo de celebracións pero representan unha minoría da poboación.
Moitas organizacións anti-taurinas veñen denunciando isto dende tempos de Franco pero todos os gobernos evitan a polémica,  facendo oídos xordos a peticións como a  abolición ou a realización dun referéndum que pregunte a poboación que pensa ao respecto.Outras razón para prohibir estas celebracións é que  están financiadas con diñeiro público, algo que só debe pasar con actos puramente culturais e non de dubidoso gusto como son as touradas .
Como dixo Rodríguez de la Fuente “A festa nacional é a exaltación máxima da agresividade humana”. 


1 comentario:

  1. como xa che dixen...estou totalmente dacordo!!!
    non me parece normal que prohíban o maltrato animal, e pola contra, maten indiscriminadamente ós touros e ademáis o boten pola tele e sexa festa nacional...
    e iso de arte..arte é unha forma de expresar un pensamento, sentimento...algo que se leva dentro e se quere sacar a fóra...pode gustarlle a todos ou non, pode ser desagraddable...pero nunca atenta contra algo tan belo coma os animais..polo que os que din que iso é arte...están moi equivocados...
    por certo, non sabía que este tipo de acto denigrante estaba financiado con diñeiro público...xa lles vale..tes razón no de que deberían levalo a referéndum polo menos!...que vergoña!!!
    ala, xa acabo jaja, Grazas por facernos reflexionar cos teus interesantes artículos de futuro periodista! :D
    Segue así!
    Besiñooos :)

    ResponderEliminar